Proclamados definitivamente os patróns maiores das confrarías de pescadores
Por Redacción
Este xoves foron proclamados definitivamente os patróns maiores das confrarías galegas. A toma de posesión será o venres.
As eleccións celebráronse o pasado 29 de setembro, nun proceso electoral único e simultáneo para elixir aos seus representantes nas que as 63 confrarías de toda Galicia.
Logo das votacións, unha vez proclamados de xeito definitivo os vogais da xunta xeral de cada confraría, tomaron posesión dos seus cargos na súa sesión constitutiva. Neste primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, realizouse o procedemento para elixir ao patrón maior, vicepatróns maiores e vogais do cabildo.
O seguinte paso é a celebración das votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.
Na nosa contorna sairon elixidos:
- MARÍN Enrique González López*
- PORTONOVO Juan José Besada Rico
- VILAXOÁN Joaquín Santos Pérez
- VILANOVA Mª José Vales Martínez*
- VILABOA Mª del Carmen Cortegoso Gómez*
- RAXÓ Iago Tomé Blanco*
- PONTEVEDRA César Rodríguez Piñeiro*
- A ILLA Juan José Rial Millán*
- CARRIL José Luis Villanueva Vicente*
- BUEU José Manuel Rosas Otero*
- CAMBADOS Ruperto Costa Fernández*
- SANXENXO Sauro Martínez Durán*
- O GROVE Antonio Manuel Otero Aguin*
*Repiten como patrón ou patroa maior