Os socialistas, preocupados pola supresión da consulta de pediatría no centro de saúde de Carballedo
Por Oskar Viéitez
A agrupación socialista de Cerdedo-Cotobade amosou a súa preocupación pola decisión do Sergas de suprimir a consulta do pediatría no centro de saúde de Carballedo e ao mesmo tempo por desplazar aos cativos do municipio a Forcarei, que dista de lugares coma Augasantas ou Borela preto de 30 kilómetros.
"En cuestión de pouco tempo os servicios médicos están sendo mermados no noso concello de maneira alarmante", dixo a voceira Lina Garrido, que lembrou como a matrona pasou de consultar todos os días no concello, a facelo sólo dous días. Ademáis sinalou que non se cubren os facultativos durante as vacacións e que "actualmente un só médico faise cargo de toda a poboación da parte alta de Cotobade".
Os socialistas lembran que Carballedo ten un centro médico novo, que ademáis se fixo con cartos municipais, e que se converteu no único centro de saúde que non se fixo con cargo aos orzamentos da Xunta.
O grupo municipal entende que "non podemos permitir que esto ocurra".
"Dende a fusión xa foron varios os recortes no noso concello e este é un máis, e pouco a pouco imos vendo como non se cumpren para nada os obxectivos da mesma, onde o despoboamento segue a ser alarmante e a supresión de servicios non fixo máis que empezar", sosteñen nun comunicado.
Polo tanto o grupo municipal socialista insta ao presidente da xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a non permitir á Xunta de Galicia que suprima este servizo en Carballedo e anuncian que presentarán unha moción no vindeiro pleno para trasladar o seu reixeitamento a tal decisión "tan pouco acertada".
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade demandará ao Sergas a recuperación do servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración en Cuntis pola falta do servizo de Pediatría
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Moraña cre que se debe ser "comprensivo" unhas semanas co Sergas pola falla de pediatras
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis convoca concentracións para reclamar a reposición do servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Continúa o servizo de pediatría na Lama e aumentan as horas de atención en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O Sergas fai cambios na cobertura pediátrica de Ponte Caldelas, A Lama e Cambados
Por Oskar Viéitez |