Sanxenxo pon a punto os parques infantís
Por Redacción
A Concellería de medio ambiente do Concello de Sanxenxo está a levar a cabo unha posta a piques dos parques infantís.
Despois da revisión dos 29 parques infantís do municipio, detectáronse unha serie de deficiencias en elementos de xogo rotos, valados en mal estado, danos en chans, falta de pintura, entre outros.
Así, xa se fixeron melloras en Adina e en Arra e nos próximos días continuarán nas diferentes parroquias.
En xeral as obras para realizar consisten na reposición dos xogos deteriorados, reparacións en chans e en elementos de seguridade.
O concelleiro de medio ambiente, Juan Deza declarou que "apostamos de forma clara porque os nenos e nenas do noso Concello conten cunhas instalacións adecuadas para gozar dos seus xogos ao aire libre".
Na zona de Adina tamén remataron as obras de construción do parque canino e do circuíto biosaudable.
No parque do Espiñeiro está a levarse a cabo unha remodelación completa da zona deportiva e en Panadeira farase unha actuación de mellora integral.
Estes espazos son concorridos a diario polas familias e desde a concellería realízanse mantementos frecuentes para que estean nas mellores condicións posibles.