Rafa Domínguez será presentado este sábado como candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra dará este sábado 27 de outubro o pistoletazo de saída cara ás eleccións municipais de 2019 co acto de presentación oficial do seu candidato, Rafa Domínguez.
O Teatro Principal é o escenario elixido para a presentación que comezará ás 12:30 horas e que contará coa participación do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, do presidente provincial, Alfonso Rueda, e Ana Pastor.
"Será un acto abierto", segundo sinalou este mércores a secretaria local dos populares na cidade do Lérez, Pepa Pardo, quen desvelou ademais que se proxectará un vídeo sobre Rafa Domínguez no que "queremos representar los tres pilares fundamentales de nuestro proyecto: diálogo, ilusión y Pontevedra".
Pepa Pardo explicou que desde que o pasado 30 de xuño foi elixido presidente local do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez e o seu equipo mantivo "multitud de reuniones " para abordar cuestións como "la situación del paro y la falta de oportunidades para nuestros jóvenes " ou "el lamentable abandono al que está sometido el rural pontevedrés", visitando as parroquias tres días por semana, "para escuchar, para encontrarse con los vecinos y para buscar soluciones a sus problemas".
Ademais, desde o mes de setembro, os populares veñen mantendo reunións semanais con afiliados.
Pepa Pardo destacou que o "clima de ilusión que se ha generado desde la llegada de Rafa Domínguez a la presidencia local" no últimos tres meses reflíctese en que o PP local sumou 30 afiliados máis.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez vaticina a "remontada" do PP fronte a un Lores "agotado"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Sindicato Unificado de Policía expón as súas demandas ao PP local
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez reúnese cos veciños de Praceres, que tamén rexeitan a creación do novo emisario
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez traslada a Ethel Vázquez a preocupación veciñal pola ampliación da EDAR
Por Redacción |