As sexualidades contemporanéas, a debate en Pontevedra nas VI Xornadas de Saúde Sexual
Por Redacción
Expertos en educación sexual participarán esta fin de semana, os días 26 e 27 de outubro, nas VI Xornadas de Saúde Sexual que, organizadas pola Sociedade Galega de Sexoloxía, celebraranse no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Baixo o título Sexualidades Contemporáneas, esta organización pretende facilitar un espazo de encontro onde intercambiar saberes, coñecementos e experiencias que axuden a reflexionar sobre a nosa construción como persoas sexuais e o que nos rodea.
A través de talleres e charlas, profesionais de diferentes ámbitos abordarán temas tan diversos como a educación sexual, o uso das novas tecnoloxías, a diversidade das morfoloxías dos corpos, a configuración de identidades e desexos sexuais ou a xeografía erótica, todo iso transitando polas diferentes etapas da vida.
Nas charlas poñerase o foco nas vivencias dos corpos disidentes á heteroasignación, nas investigacións e traballos realizados na etapa da adolescencia e en idades máis desatendidas como poidan ser a partir dos 50 anos.
Talleres de solo pélvico, de desenvolvemento psicocorporal e crecemento erótico ou sobre o uso de novas ferramentas como o videoxogo completarán esta oferta formativa experiencial.
As persoas interesadas en participar e inscribirse poden obter máis información en www.sogasex.es.