A Lama aproba por unanimidade a desafectación do centro de saúde
Por Redacción
A corporación municipal da Lama aprobou por unanimidade dos concelleiros asistentes ao pleno extraordinario celebrado este martes a proposta do grupo de goberno de levar a cabo a desafectación do centro de saúde para que poida ser transferido á Consellería de Sanidade.
Esta medida supoñerá para o Concello un aforro anual duns 36.000 euros en concepto de gastos de electricidade e calefacción, limpeza e mantemento.
Así mesmo, a corporación aprobou a ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada de vehículos e por reservas de vía pública, o popularmente coñecido como "vao" do que ata o momento carecía o municipio lamense. Así, o custo anual dun "vao" para un garaxe individual será de 27 euros; ata cinco prazas 63 e ata 20, un total de 99 euros. Para máis de 20 prazas a taxa fíxase en 149,40 euros.
A obtención da placa de sinalización homologada terá un custo de 20 euros mentres que o alta de reserva de entrada de vehículos, incluída placa de sinalización será de 30 euros. A reserva de vía pública para carga e descarga o custo será de 0,60 euros metro cadrado por superficie de reserva solicitada por 3 euros.
Ademais a corporación decidiu, a proposta do equipo de goberno, reducir as actuais 26 taxas existentes no Concello a tan só 5, que serán as de aplicación mínima.