O Porto de Marín presenta os seus servizos para froita e hortalizas na feira internacional Fruit Attraction
Por Redacción
A Autoridade Portuaria asegura que Marín converteuse no centro loxístico por excelencia para os tráficos de froita no Arco Atlántico ofrecendo un servizo integrado con conexión marítima directa, almacenaxe, clasificación e distribución a toda a península e gañándose a confianza das grandes compañías fruteras internacionais.
O presidente Jose Benito Suárez Costa encabeza a delegación da Autoridade Portuaria que desde este martes e ata o vindeiro xoves presentará na feira Fruit Attraction de Madrid a súa oferta de servizos para froita e perecedoiros, unha das mercadorías que máis crecen ano a ano no porto.
O Porto de Marín ofrece o mellor tempo de tránsito do sector contando con conexións regulares directas co continente americano que o converten en porto hub para a recepción e distribución no Arco Atlántico. Conta ademais con servizos feeder que conecta Marín con todo o mundo a través do porto de Alxeciras.
Marín participará en Fruit Attraction xunto a máis de 1.600 empresas expositoras. Está previsto que asistan ao recinto do Ifema en Madrid, 70.000 profesionais do sector procedentes de 120 países.