Unha cociña "más ligera, moderna y económica", aposta de Paradores para a Casa do Barón
Por Alejandro Espiño
Revitalizar o restaurante do Parador de Pontevedra "con una cocina más ligera, más moderna y con la que poder llegar a todos los bolsillos". Así explicaba a presidenta de Paradores, Ángeles Alarcó, a nova proposta gastronómica da Casa do Barón. Trátase dunha iniciativa que, baixo a denominación "Enxebres", reúne a sete dos once establecementos que esta compañía ten en Galicia.
Cun formato máis atractivo, os establecementos galegos ofrecerán tapas e racións como unha alternativa ao comedor tradicional. "Cuando empezamos a revisar nuestra oferta gastronómica, vimos que los restaurantes de Galicia eran los más deprimidos desde el punto de vista gastronómico", sinalou Ángeles Alarcó. Por iso é polo que optasen por "demostrar el poderío gastronómico de Paradores" cunha oferta máis adecuada.
Os Enxebres, como o que xa está en marcha no Parador de Pontevedra, "ofrecen una cocina puesta al día por nuestros grandes restauradores", actualizando, segundo a súa presidenta, as elaboracións e presentacións. "Todo ello con productos de la tierra que irán acompañados de una excelente bodega, una bodega selectiva, con todas las Denominaciones de Origen de Galicia".
No caso de Pontevedra, cunha cociña dirixida polo chef Alberto González, "ofreceremos platos típicos gallegos, elaborados con productos de la tierra, todos ellos de una calidad excepcional, pero hechos a la manera de Paradores", explicou a súa presidenta. Entende que con esta nova oferta gastronómica "Paradores se adecua así a las actuales demandas de nuestros clientes, sin perder la apuesta por productos de calidad".
A carta está distribuída en cinco grupos e as sobremesas, con denominación propia, e cun total de 20 pratos.
- NA LOUSA: Lascas de lacón, empanada, queixos galegos premiados, croquetas e tostas
- DA HORTA: Ensalada enxebre, caldo galego, arroz caldoso e prato opcional de verduras en cada Parador
- DAS NOSAS RIAS: Moluscos de concha (zamburiñas, vieira, berberecho e mexillón), o polbo, chipirón, con elaboracións ao vapor, ao forno, á grella ou á Feira como o pulpo.
- DA MATANZA: Ofrécense dúas "tixolas" de ovos fritos con zorza e patacas e de raxo en adobo con patacas
- DE TEMPADA: Inclúense tres pratos. Peixe ou guiso (caldeirada), Carne: "lombo de tenreira" e o prato de tempada
- AS LARPEIRADAS: Inclúense catro sobremesas sendo tres delas comúns a todos os Enxebres e a cuarta unha típico de cada zona. Ofreceranse, entre outros, filloas ou macedonia natural.
Ademais, estes pratos irán acompañados por viños das cinco Denominacións de Orixe galegas: D.O Rías Baixas, D.O Ribeiro, D.O Valdeorras, D.O Ribeira Sacra e D.O Monterrey. Aínda que tamén haberá caldos chegados doutras denominacións como La Rioja ou Ribera del Duero. Os viños cambiaranse cuatrimestral ou semestralmente.
Á presentación desta nova oferta gastronómica asistiron, entre outros, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.