Marín conta con 822 cidadáns procedentes de 14 países comunitarios e 50 extracomunitarios
Por Redacción
O Consello Municipal de Inmigración mantiña unha reunión este luns en Marín para avaliar datos sobre a poboación estranxeira no municipio.
A situación mantense estable respecto a outros anos. A día de hoxe, segundo os datos que manexa o Consello, a poboación estranxeira é de 822 cidadáns procedentes de 14 países da Comunidade Europea e 50 extracomunitarios, que chegaron tanto do continente europeo como de Asia, África ou América.
En canto á participación destes habitantes en programas e proxectos de integración, o balance que se realiza polos integrantes da comisión é moi positivo, tanto no ámbito académico como no formativo.
Ademais da concelleira de Servizos Sociais, Marián Sanmartín, á comisión, que chegaba ao seu décimo novena convocatoria, asistiron a traballadora social dos servizos sociais municipais, María Teresa Pérez Couselo, representantes do PSOE e do BNG, ademais de representantes das asociacións de mulleres marroquís Ao-Amal, de Rexurdir e das Amas de Casa.