Piden que o parque de Punta Vicaño sexa catalogado como Zona Protexida Forestal
Por Redacción
Actualmente o parque de Punta Vicaño atópase catalogado no catastro como zona urbana de uso industrial. Veciños de Sanxenxo e representantes de Somos EnMarea Sanxenxo decatábanse desta situación nunha charla sobre os parques urbanos na que participaba a ex concelleira de Medio Ambiente, Coral González-Haba.
Punta Vicaño, con todo, nos mapas do Ministerio de Medio Ambiente si que aparece como unha zona forestal arbórea. Este mesmo luns, representantes da formación política solicitaba, a través dunha instancia, que leve a cabo o cambio no catastro e suxiren que se catalogue este espazo como Zona Protexida Forestal.
Coral González-Haba tamén se comprometía a solicitar o permiso de Costas do Estado para a execución das obras de mellora do parque da Panadeira, que acomete o goberno local. Tamén solicitará os informes fitopatolóxicos dos parques urbanos de Sanxenxo, tanto o paseo de Baltar, o parque de Baltar e o propio de Punta Vicaño.
A ex concelleira de Medio Ambiente lamenta que nas melloras que se acometen por parte do goberno extráianse árbores sas para instalar cemento.
Este luns, operarios da concellería de Medio Ambiente comezaron a trasplantar os plátanos da Panadeira ao parque de Baltar e á contorna da casa de cultura de Adina. As seis palmeiras manteranse todas, agás unha que será retirada.
Segundo o Concello, o alcalde Telmo Martín solicitou un informe sobre o estado da arboreda do municipio á Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
Segundo os técnicos, algúns dos piñeiros do parque público de Baltar presentan numerosos problemas de conservación e seguridade para a contorna e, sobre todo, para a zona de xogos infantil.
En Punta Vicaño, dentro destas actuacións, a concellería ten previsto plantar árbores, na súa maioría autóctonos, atendendo aos informes dos técnicos, que van presentar un estudo sobre a posible presenza de fungos no chan desta zona.
Relacionadas:
-
Un informe do Areeiro recomenda eliminar sete piñeiros en Punta Vicaño
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo construirá un estanque de 80 metros en Punta Vicaño
Por Manu Otero |
-
Sanxenxo plantará 78 novas árbores no parque de Punta Vicaño
Por Redacción |
-
Medio Ambiente replanta o parque de Baltar
Por Redacción |
-
Sanxenxo pon a punto os parques infantís
Por Redacción |
-
24 plátanos do parque da Panadeira serán trasplantados e 30 piñeiros de Baltar serán tallados
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo xustifica a talla de árbores de Punta Vicaño con dous informes e por motivos de seguridade
Por Redacción |