Cidadáns propoñerá o arranxo do camino existente entre Ribeiro e O Freixo como ruta de sendeirismo
Por Redacción
A concelleira María Rey, acompañada por varios membros da executiva da agrupación Cidadáns Pontevedra, mantivo un encontro coa directiva da asociación de veciños Santo Paio de San Pedro de Campañó, no que este colectivo informou das súas demandas para a citada parroquia pontevedresa.
Os representantes de Cidadáns realizaron xunto aos veciños un paseo polo camiño existente entre os lugares de Ribeiro e O Freixo, que a asociación reclama que se limpe e arranxe como nova ruta de sendeirismo da parroquia, unha proposta que Cidadáns Pontevedra trasladará ao pleno da corporación na súa próxima sesión. A idea é que esta ruta indique tamén os elementos de interese da zona, como as fontes e tradicións ao redor da capela de Santo Paio.
A maiores, os veciños queren inventariar e recuperar as fontes da parroquia, e incidiron na necesidade de dotar de iluminación á zona de Soutonovo, así como á renovación dos contedores de lixo. María Rey coincidiu co colectivo na necesidade de que un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) "marque unha solución para o problema do despoboamento do rural".
"A Campañó, como lle ocorre ás outras parroquias do rural pontevedrés -sinalou a concelleira- non chegou o modelo de cidade. Nin por suposto o indispensable plan de ordenación que o defina. En definitiva, no rural pontevedrés non se atisba por parte do BNG nada novo no horizonte, salvo os lombos, está claro".