Unha moza de 20 anos, ferida en Sanxenxo tras envorcar o seu vehículo
Por Redacción
Unha moza de 20 anos, veciña do Grove, resultou ferida nun accidente de tráfico ocorrido este domingo no lugar de Aios (Sanxenxo).
Segundo informou o servizo de Emerxencias de Sanxenxo, o accidente produciuse sobre as catro da madrugada.
Por causas que se descoñecen, o vehículo que conducía a vítima envorcou e quedou volteado sobre a calzada.
Persoal sanitario do 061 atenderon á moza no lugar e, posteriormente, foi trasladada a un centro hospitalario de Pontevedra.