Medio cento de persoas percorren o Roteiro do Foxo do Lobo de Arufe
Por Redacción
Preto de medio cento de persoas percorreron este domingo o Roteiro do Foxo do Lobo de Arufe, que serviu para clausurar as III Xornadas Turísticas, Históricas e Culturais Cuspedriños10, organizadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade .
Esta camiñada partiu minutos despois das dez da mañá da Praza do Concello de Carballedo e consistiu nun traxecto de case tres quilómetros ata o foxo do lobo de Arufe, na parroquia de Loureiro.
O itinerario pasou pola Cuqueira, o monte de Carballedo e o sendeiro, perfectamente desbrozado para a ocasión, paralelo á estrada de Caroi e Corredoira ata chegar ao cortalumes que desemboca no foxo e a súa carballeira.
O roteiro, que contou con moita participación de xente de fóra do concello e procedente de municipios veciños como Pontevedra ou Vigo, culminou cunha disertación do profesor José Manuel González Reboredo, membro da Fundación Antonio Fraguas, que colabora con este roteiro.
Reboredo, gran coñecedor dos escritos de Antonio Fraguas en torno aos foxos de lobo de Cotobade e un dos impulsores da recuperación deste percorrido, explicou aos asistentes a orixe desta trampa medieval para cánidos e outros curiosidades e segredos sobre estas emblemáticas construcións.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade mellora a súa oferta turística co acondicionamento de roteiros de Rede Natura
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade presume das Augas da Freixa e do Val de Quireza
Por Redacción |
-
A entrega do premio Nélida Piñón, inicio das xornadas Cuspedriños10
Por Redacción |
-
As xornadas Cuspedriños10 acollen unha mostra do Museo do Pobo, a charla sobre Antón Fraguas e o Roteiro do Foxo do Lobo
Por Redacción |