AEMPE despide os seus afterwork con Pilar Cernuda como invitada
Por Redacción & Mónica Patxot
A escritora e xornalista Pilar Cernuda foi a invitada de excepción ao último afterwork organizado por Aempe, que se celebrou este venres nas instalacións do Liceo Casino.
Ademais de compartir a experiencia profesional de Cernuda, nun ambiente ameno e próximo, os participantes puideron gozar dun aperitivo composto de xamón e bo viño.
Os afterwork de Aempe é unha iniciativa que nace do concepto de networking, favorecendo a interrelación entre os socios desta organización a través de actividades divertidas e de lecer que buscan crear un momento especial e produtivo tras a xornada de traballo.
No seu anteriores tres edicións, por este programa pasaron como convidados o xornalista Manuel Jabois, o empresario José Manuel Lorenzo e o executivo de televisión Manuel Villanueva.