Lourizán advirte: "Non hai consenso posible" para ampliar a EDAR "aínda que sexa cara Ence"
Por Redacción
A plataforma veciñal que rexeita a ampliación da depuradora dos Praceres asegura estar "molesta" pola nova proposta da Xunta de Galicia, que suxire que a nova EDAR poida construírse en terreos gañados a Ence.
Nun comunicado, o colectivo advirte que "non existe consenso posible" para abordar este proxecto "aínda que sexa cara Ence", como propón agora o goberno galego, porque afirma que nesa zona tamén hai casas "e non podemos deixar desamparados a eses veciños".
Os veciños entenden que a Xunta "minte" cando asegura que sanear a ría implica "necesariamente" ampliar a actual depuradora, xa que reiteran que non é a única alternativa para abordar un saneamento que, aclaran, debe ser un obxectivo "irrenunciable".
Con todo, denuncian que a súa proposta "é unha serie de argumentos falsos dirixidos a desmontar os ofrecidos polos partidos políticos de Pontevedra e polos propios veciños e a tratar de convencer á opinión pública", moitos dos cales son"discutibles e facilmente rebatibles".
Tras lamentar a "pouca disposición" da Xunta a aceptar a oposición social a este proxecto, a plataforma insta ao goberno de Núñez Feijóo a buscar "alternativas consensuadas".
Eles mentres tanto, engaden, "non queremos caer na trampa de ter que elixir entre destruír o banco marisqueiro e o traballo das mariscadoras ou destruír a parroquia", xa que consideran que "é posible conseguir o saneamento da ría sen ter que destruír Lourizán".
Relacionadas:
-
Lourizán, Vilaboa e O Grove poñen a voz feminina ás confrarías galegas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ana Miranda levará ao Parlamento Europeo o rexeitamento á ampliación da depuradora de Lourizán
Por Redacción |
-
Os veciños de Lourizán advirten que seguirán mobilizándose ata que a Xunta descarte ampliar a EDAR
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta ve "imprescindible" ampliar a depuradora e propón ocupar terreos de ENCE
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez |
-
A veciñanza de Lourizán solicita formar parte da mesa do saneamento da ría
Por Oskar Viéitez |
-
Costas asegura non ter "ningunha constancia" do proxecto para ampliar a depuradora
Por Redacción |