Marín segue aumentando as súas rúas urbanizadas coa vista posta en Cantodarea
Por Oskar Viéitez
O goberno local do Concello de Marín celebra que as obras de mellora nas rúas do centro urbano vanse ampliando. Así, despois da reforma urbana de todo o centro histórico, dos tramos de Concepción Arenal, da mellora de Travesía de Jaime Janer, Ponte Zapal, agora tócalle a quenda a José del Río e á de Inferniño no seu tramo máis urbano.
O equipo da alcaldesa María Ramallo destaca que os proxectos de mellora de servizos, cambio das tubaxes de auga, saneamento, mellora da iluminación, beirarrúas totalmente novas e mobiliario urbano, dan un mellor aspecto a moitas zonas que ata o momento estaban máis afastadas.
As obras de José del Río entran na recta final, xa se está procedendo ao empedrado das beirarrúas e á colocación dos espazos destinados á iluminación, zona de acceso rodado, aparcadoiro e alcorques para as árbores.
En canto ao tramo urbano de Inferniño os traballos iniciáronse hai uns días e estase procedendo ao cambio dos servizos de saneamento, pluviais e abastecemento existentes.
Estas obras teñen un prazo previsto de execución de tres meses.
O seguinte obxectivo será Cantodarea, no tramo da rúa Concepción Arenal desde o límite con Pontevedra ata José Trasande. Nestes momentos está a procederse á licitación das obras.
Relacionadas:
-
As obras na rúa Concepción Arenal comenzarán despois do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
O xoves haberá cortes de tráfico debido ás obras que se acometen en José del Río
Por Redacción |
-
Marín busca parcelas para habilitar aparcamentos disuasorios
Por Redacción |
-
Silva e Ramallo apostan pola "boa relación institucional" coa mellora de Concepción Arenal e do Parque Eguren
Por Redacción |
-
A mellora da rúa José del Río de Marín estará rematada nun mes
Por Redacción |