Encontro das mulleres do mar de Candieira para amosar os resultados deste proxecto
Por Redacción
Este sábado 20 de outubro o Museo do Pobo Galego de Santiago acollerá a cita estrela de Candieira a Rede de apoio e promoción das mulleres do mar. Será un encontro onde mariscadoras, percebeiras, redeiras, bateeiras e outras mulleres con oficios relacionados co medio mariño presentarán os resultados deste proxecto de cooperación e traballo en rede dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, entre eles o da ría de Pontevedra e o de Arousa.
No acto, no que participará a conselleira do Mar, Rosa Quintana, agárdase que arredor de oitenta mulleres, as participantes de Candieira, acudan a este encontro no que falarán deste proxecto de cooperación e traballo en rede do que participaron, ao longo de dezasete meses, máis de cen persoas de toda Galicia, maioritariamente mulleres con oficios relacionados co medio mariño pero tamén doutros ámbitos de emprendemento.
Elas tiveron a oportunidade de achegarse á xestión e organización dunha iniciativa empresarial, ben de turismo mariñeiro, ben de posta en valor do produto pesqueiro local dende a transformación e a gastronomía.
Ademais, Candieira traballou no impulso e no empoderamento da base asociativa feminina dentro dos territorios dos seis GALPs participantes do proxecto.
Relacionadas:
-
Empresarios e axentes turísticos participan na Ruta dos Faros do GALP Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Combarro 'actívase' este sábado con deporte, cultura, patrimonio e solidariedade
Por Oskar Viéitez |
-
As mariscadoras da ría publican unha guía de consellos para evitar lesións na práctica extractiva
Por Redacción |
-
Comeza a andaina de tres proxectos financiados polo GALP Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Mulleres do mar e emprendedoras da ría pontevedresa formaranse en turismo mariñeiro
Por Redacción |