Os bombeiros liberan un neno que quedara atrapado na cadeira dun bar de Vilagarcía
Por Redacción
Os servizos de emerxencias tiveron que desprazarse durante a tarde deste xoves á terraza dun bar de Vilagarcía de Arousa tras recibir a chamada, a través do servizo do 112, dun particular que alertaba sobre unha curiosa situación: un neno quedara atrapado nunha cadeira do establecemento.
Os bombeiros do oarque de Vilagarcía tiveron que desprazarse ata a terraza e lograron liberar o neno, que se quedou encaixado no asento dun bar da rúa de Valentín Viqueira, minutos despois das 19.00 horas. O menor non sufriu lesións.
Os xestores do 112 Galicia avisaron tanto aos Bombeiros de Vilagarcía, como ao 061- Urxencias Sanitarias, á Policía Local e Protección Civil.