A parroquia de Bueu ten 259 camiños municipais
Por Redacción
O Concello de Bueu vai presentar ás asociacións veciñais e comunidades de montes o borrador do inventario de camiños de titularidade municipal da parroquia de Bueu. Segundo avanza Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, o obxectivo é dar a posibilidade aos colectivos interesados para que propoñan correccións.
Con todo, a aprobación provisional farase con posterioridade, abríndose un prazo de exposición pública antes da súa aprobación definitiva.
Este primeiro documento recolle un total de 259 camiños municipais. Os criterios que se tiveron en conta á hora de incluír un camiño dentro do inventario foron o cumprimento de dúas condicións: que apareza recollido no catastro actual como vía de comunicación de dominio público, e que o camiño presente sinais externas moi evidentes do seu uso público.
Ademais, terá que ou ben aparecer o trazado do camiño nos planos da Normas Subsidiarias Municipais de 1986 ou que apareza grafado na cartografía catastral do 1956.
Os camiños inventariados están relacionados en fichas e cada unha das cales contén a seguinte información: identificación do camiño mediante código, parroquia e denominación, localización cartográfica e catastral, coordenadas do punto de inicio e remate, o tipo de inmoble, a súa natureza xurídica e o seu título de adquisición, medicións relativas á súa lonxitude e ancho medio, as características do pavimento, a existencia ou non de servizos de abastecementos de auga, rede de sumidoiros, iluminación pública ou electricidade, e as cesións feitas para a regularización do vial, se existen.
O inventario de camiños municipais é un traballo que o Concello de Bueu xa leva realizando desde fai uns anos. O da parroquia de Cela foi aprobado definitivamente no 2013 e o de Beluso no 2014.
Relacionadas:
-
Bueu pavimenta o Camiño da Cereixeira
Por Redacción |
-
Comeza a pavimentación do vial entre As Meáns e Castiñáns
Por Redacción |
-
Bueu estuda as ofertas das empresas para a pavimentación de varios camiños municipais
Por Redacción |
-
Esta semana comezará o asfaltado en Beluso do Camiño da Sobreira
Por Redacción |
-
Nova capa de rodadura para catro camiños de Bueu
Por Redacción |