Poio organiza un concurso escolar para deseñar a súa tarxeta de Nadal
Por Redacción
O Consello Municipal de Cultura do Concello de Poio puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal. A concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, animou a participar a toda a rapazada dos centros educativos deste municipio.
A tarxeta que resulte elixida polo xurado, formado polos representantes dos colectivos membros deste órgano, será a tarxeta que o Concello de Poio utilizará como felicitación institucional para as festas navideñas.
A entrega de premios terá lugar no marco da recepción previa ao inicio da Cabalgata de Reis, que nesta edición, multiplícase grazas ó apoio de mais dun centenar de persoas dos colectivos culturais integrados na rede de espazos municipais e dos patrocinios cos que se está a traballar.
O departamento municipal de cultura e festexos está a preparar a programación destas datas festivas adiantando que "este ano imos viaxar en Metro para espallar o Nadal en Poio".