Os técnicos de emerxencias piden un novo estudo de mobilidade falando cos colectivos afectados
Por Redacción
O informe elaborado polo experto en mobilidade Fernando Nebot sobre o Concello de Pontevedra non tivo boa acollida por parte da Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias (Asgate), que aposta por elaborar un estudo novo que se refira exclusivamente a Ponteveda e que sexa resultado de contactos con todos os colectivos implicados, desde transportes a sanitarios, ciclistas e peóns.
O vicepresidente de Asgate, José Iglesias, considera que o documento, feito noutra cidade en relación cos vehículos de emerxencia, "non reflicte a realidade da cidade de Pontevedra", fundamentalmente polo número de resaltos que hai no municipio e tamén pola forma de cada un deles, xa que é difícil atopar dous iguales.
"Non é o reflexo exacto da realidade desta cidade", conclúen e engaden que o informe é "unha mostra máis do indefendible", que os vehículos de emerxencia non están pensados para respetar os límites de Pontevedra de 30 quilómetros por hora, xa que, de facelo, "o tempo de resposta nos servizos urxentes eternizaríase", coas consecuencias que pode traer.
Ao repecto, lembran que precisamente trátase de chegar nun menor tempo posible cando un paciente reclama unha asistencia sanitaria de urxencia. "Non nos olvidemos que todos somos susceptibles de ter que usar este tipo de servicios e, chegados ese momento, non cremos que nos fixera moita gracia que a ambulancia ou outro servicio de urxencia tardara máis tempo porque ten que vir respetando os límites de velocidade", indican desde Asgate.
O colectivo sigue apostando por medidas de calmado de tráfico que non sexan tan agresivas para os pacientes e que pasan por radares fixos, radares de tramo ou resaltos intelixentes, "pero dende logo non este tipo que se levan instalando desmesuradamente en Pontevedra".
Relacionadas:
-
Pedaladas cre que a Ordenanza de Mobilidade de Pontevedra non se aprobará neste mandato
Por Oskar Viéitez |
-
Pedaladas quéixase de que o informe de mobilidade non ofrece facilidades para os ciclistas
Por Redacción |
-
O estudo encargado polo Concello propón 'zona 10' para coches e bicis en rúas de plataforma única
Por Alejandro Espiño |