Patrimonio autoriza o skate park da Praza do Corgo no Grove
Por Redacción
Patrimonio da Xunta de Galicia trasladou ao Concello do Grove a autorización para que poida acometer a obra de construción do skate park da praza do Corgo.
Esta obra conta con financiamento a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O goberno local que dirixe José Cacabelos solicitara a Portos de Galicia o permiso para executar a obra xa en abril de 2017 e agora, tras a autorización de Patrimonio, desde o Concello agardan que se acelere a tramitación para levar a cabo o proxecto canto antes.
Cacabelos alerta xa de que a lentitude de Portos de Galicia nas tramitacións "entorpece" o correcto desenvolvemento dos investimentos previstos polo municipio e, en diversas ocasións, puxo en perigo axudas recibidas doutras administracións causando un grave prexuízo á cidadanía.