Agárdanse chuvias durante a tarde deste mércores e un ascenso de temperaturas cara a fin de semana
Por Redacción
Este martes, as Rías Baixas quedarán nunha zona de transición entre o anticiclón dos Azores e as borrascas que se atopan situadas no Atlántico Norte. Segundo as previsións de Meteogalicia, as temperaturas situaranse entre os 12 e os 20 graos con vento frouxo de compoñente norte.
Para a xornada do mércores, agárdase a entrada de aire frío e a presenza de chuvascos que a partir do mediodía van espallarse por toda a comunidade autónoma. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso con ventos procedentes do norte, que soprarán frouxos aínda que aumentando de intensidade ao longo do día, con refachos fortes na zona do litoral.
Xa para o xoves 18, Galicia manterase nunha zona intermedia entre o anticiclón dos Azores e as baixas presións do sur peninsular, situándose nun corredor de ventos do norte. Os ceos manteranse parcialmente cubertos e as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas manteranse alrededore dos 20 graos. O vento soprará forte do norte no litoral atlántico.
A partir do venres e durante a fin de semana, as Rías Baixas experimentarán un ascenso das temperaturas, situándose nos seus valores máximos contorna aos 24 graos, con baixa probabilidade de choivas.