Estudantes da Virxe Milagrosa percorren o Concello de Bueu para ver como funciona
Por Redacción
Estudantes de primeiro e segundo curso de primaria do CPR Virxe Milagrosa de Bueu visitaban este luns as dependencias municipais para coñecer de preto como é o funcionamento interno do Concello.
Os mozos foron recibidos polo alcalde Félix Juncal; o concelleiro de Facenda, José I. Cuervo; a concelleira de Promoción económica e Turismo, Silvia Carballo e polo concelleiro de Obras e servizos, Fidel Castro.
Estes 44 estudantes achegáronse polos diferentes departamentos e o alcalde exerceu de guía explicando para que servía cada área utilizando unha comparativa cos distintos servizos que ofrece un centro escolar. Os menores recibiron como regalo un libro sobre a artista Maruxa Mallo.
A visita forma parte dun proxecto educativo que se desenvolve neste centro coa idea de potenciar o coñecemento sobre o lugar no que residen os escolares. Ademais desta actividade no Concello, ao longo do curso percorrerán outros espazos social e comunitario.