Oito persoas detidas e 2.000 vieiras incautadas na "Operación Concha"
Por Redacción
A Policía Autonómica, en colaboración con Gardacostas, dan por rematada a Operación Concha co resultado de oito persoas detidas e 44 persoas investigadas por delitos contra a saúde pública e organización criminal.
No marco da operación foron comisadas 2.000 vieiras, dous vehículos utilizados para o transporte da vieira, distintos mecanismos de pesca submarina e catro teléfonos móbiles. A vieira incautada foi posteriormente analizada e o seu resultado arroxou que tiña cantidades de toxina as cales cuadriplicaban a taxa legalmente establecida.
Membros do Grupo ERPOL da Policía Autonómica de Santiago desenvolven este dispositivo de investigación, que detectou un grupo de persoas que furtivamente e carecendo de titulación ou permiso para mariscar se dedicaban a extraer grandes cantidades de vieiras na ría de Ferrol e costa adxacente, utilizando para iso equipos autónomos de mergullo.
Tal cantidade de capturas era posible porque a ría de Ferrol se encontraba "pechada" para a práctica da extracción de vieira e iso provocaba que existiran cantidades inxentes de produto .
Posteriormente púidose determinar que estas persoas utilizaban vehículos particulares, sen respectar ningunha medida hixiénico-sanitaria, para proceder a transportar a vieira ata os "distribuidores" afincados en distintas localidades das Rías Baixas, onde eles á súa vez vendían o produto a distintos establecementos públicos e a particulares.
Froito dos dispositivos de investigación realizados, púidose comprobar tamén que existía unha frecuencia de transporte de vieira dende Ferrol moi alta aos puntos de destino anteriormente citados, chegando a detectarse 2-3 transportes por semana.
As dilixencias foron remitidas ao xulgado número 3 de Ferrol.
Relacionadas:
-
A Garda Civil sorprende un mariscador furtivo que faenaba usando unha táboa de surf en Chancelas
Por Redacción |
-
Os gardapescas da confraría San Telmo destacan unha reducción do furtivismo
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un furtivo de Poio, interceptado en Portonovo cun cento de quilos de ameixa
Por Redacción |
-
Interceptan en Poio un furtivo reincidente con 20 quilos de ameixa
Por Redacción |