Un motorista, ferido grave ao sufrir o impacto dun turismo en Campelo
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio eran alertados ao redor das 17.45 horas da tarde deste sábado 13 da colisión entre un coche e unha moto na rúa Padre Avelino en Campelo.
Ata alí desprazábase unha dotación que comprobou como o condutor da moto resultara ferido tras o impacto co turismo. Ambos os condutores son veciños de Poio. O ferido, de 48 anos de idade, foi trasladado a un centro hospitalario por unha ambulancia.
A Policía Local está a investigar as causas do accidente pero, segundo os primeiros indicios, a causa atópase nun descoido por parte do condutor do turismo, un home de 64 anos, segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio.
O ferido foi sometido a diferentes probas e o seu estado é grave con prognóstico reservado.
Abríronse dilixencias xudiciais para dar conta do suceso.