O delegado do Goberno apoia con su presencia a Festa do Marisco do Grove
Por Redacción
Diferentes responsables políticos do Partido Socialista de Galicia dábanse cita este sábado 13 no municipio do Grove para visitar a Festa do Marisco, que finaliza este domingo 14.
Entre eles atopábase o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que acudiu acompañado pola subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba. Tamén asistiron o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, ademais do alcalde de Vilagarcía de Arousa, entre outros representantes socialistas.
Durante a visita ao evento gastronómico cualificado de Interese Turístico Nacional, Javier Losada destacaba a importancia desta actividade como reclamo para o turismo en Galicia e encomiou a repercusión nacional desta festa, garantindo o apoio do Goberno estatal a este evento.
Durante a noite do venres entregábanse as 'Centolas de Ouro' desta edición. Nesta ocasión foron distinguidos a Asociación Amigos da Dorna Meca; a xornalista da TVG, Cristina García; o investigador Joaquín Ángel Triñanes, experto en Electrónica e Computación e o Hotel Bosquemar. Ao acto asistiu a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.