Irregular seguemento da protesta das Apas pontevedresas
Por Oskar Viéitez
A Federación Provincial de Asociacións de Pais e Nais de Centros Públicos de Pontevedra (Fanpa) sinalou que a incidencia da protesta foi irregular e que conforme avanza a idade dos alumnos, a folga secúndase en maior medida.
Os pais estaban chamados a non levar a clase aos seus fillos en protesta polo "ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias".
O presidente de Fanpa, Alberto Pita, atribuíu a baixa incidencia desta protesta ás dificultades das familias para conciliar a movilización co coidado dos nenos. ÿ dicir, que moitos pais non tiñan onde ou con quen deixar aos cativos.
A falta de datos oficiais, desde a propia Fanpa, comunicaron que na cidade de Pontevedra a repercusión da protesta foi desigual así no colexio de Monteporreiro apuntan un 90% de seguimiento, mentres que no CEIP de Campolongo apenas alcanzan un 10% de seguimiento.
Independientemente dos datos finais de seguimiento, os convocantes resaltaron que "o éxito da convocatoria xa se produciu", pois se logrou que se fale de educación toda a semana e que a xente se conciencie de que non se pode "seguir vivindo nesta situación".
Foi a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais a que convocou, por primeira vez na súa historia, unha folga de estudantes e familias en todas as etapas educativas.
Pola súa banda, a Confederación Nacional de Pais Católicos de Alumnos (Concapa) distanciouse da convocatoria e pediu ás familias que non secunden as folgas polos prexuízos que poden causar a "a maltrecha educación española".