O furacán Leslie non afectará ás Rías Baixas, marcadas pola inestabilidade meteorolóxica
Por Redacción
O servizo de Meteogalica, a través de Twitter, destacou que o furacán Leslie non afectará a Galicia. Na madrugada do sábado atopábase a ao redor de 400 quilómetros de Madeira, de forma que se irá desprazando ata a zona de cabo Mondego, no norte de Lisboa e non chegará a sentirse a súa influencia nas Rías Baixas.
Galicia estará marcada durante as próximas horas deste sábado pola borrasca localizada ao norte das Illas Británicas, segundo Meteogalicia. As temperaturas ascenderán lixeiramente para situarse entre 19 e 22 graos con ventos do sur, que irán cambiando a compoñente oeste.
O domingo 14 arrancará coa entrada de aire frío deixando unha xornada de tempo seco e frío. Os ceos mostraranse parcialmente cubertos con temperaturas en notable descenso establecéndose entre os 10 e os 20 graos. O vento soprará frouxo de compoñente norte ata variar a últimas horas do día a refachos fortes do sur.
A semana comezará coa influencia dunha borrasca pouco profunda situada ao oeste de Galicia. Desta forma, durante a mañá do luns os ceos quedarán cubertos con choivas e manteranse os ceos nubrados durante a tarde na zona sur da comunidade. As temperaturas manteranse entre os 13 e os 18 graos con vento frouxo que irá variando de sur a leste.
O martes 16, Galicia sitúase nunha zona de transición entre o anticiclón dos Azores e as borrascas situadas no Atlántico Norte. Os ventos serán de compoñente oeste. Haberá nubes nas Rías Baixas e as temperaturas máximas ascenderán lixeiramente con vento frouxo de compoñente oeste.