Unha persoa ferida nunha colisión nunha rotonda na N-550
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na tarde deste venres tras verse implicada nun accidente na estrada N-550 á altura da rotonda situada ao final da rúa Médico Ballina, na parroquia pontevedresa de Lérez.
O sinistro produciuse pasadas as 17.30 horas deste venres e, segundo indicou a Policía Local de Pontevedra, consistiu na colisión por alcance entre dous turismos dentro da glorieta.
O condutor dun deles resultou ferido leve e tivo que ser evacuado nunha ambulancia do 061 a un centro sanitario. O condutor do outro turismo e os ocupantes do vehículo do piloto ferido resultaron ilesos a pesar do impacto da colisión.