Denuncian un acto vandálico na N-640 en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis denunciou ante a Garda Civil un acto vandálico labor na noite deste xoves a este venres coa sinalización da estrada N-640.
Segundo informou o Concello de Cuntis, alguén arrincou os pivotes dun dos pasos de peóns da estrada ao seu paso polo centro da localidade.
Os pivotes instaláronse como parte das obras do Ministerio de Fomento na N-640 para sinalizar os pasos de peóns e o Concello considera que se trata dun acto vandálico "lamentable", de modo que puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil.