Cubela solicita que paralicen a obra en Viascón ata a xuntanza con Fomento
Por Redacción
O presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, vén de solicitar ao Ministerio de Fomento que paralice o inicio das obras da reforma da travesía da estrada N-541 na parroquia de Viascón alomenos ata a xuntanza que vai manter o día 31 en Madrid cos representantes da Dirección Xeral de Estradas e que foi fixada polos responsables do Ministerio de Fomento tras a súa petición.
Cubela revelou que a empresa adxudicataria, seguindo ordes e cumprindo cos prazos que lle marcaron, xa comezou a sinalizar a zona de obra e ten previsto, segundo apunta o rexedor, iniciala o vindeiro día 22 de outubro, é dicir nove días antes da súa xuntanza na capital.
Por este motivo, o presidente municipal remitiu unhas cartas ao delegado do Goberno, Javier Losada; á subdelegada do Goberno, Maica Larriba; e ao director xeral de Estradas, Javier Herrero; nas que formaliza esta petición de que, como mínimo, se agarde á reunión do día 31.
"Non ten sentido que inicien a reforma antes da reunión, porque entón será baldía ao estar ante unha política de feitos consumados", manifestou Cubela.
Relacionadas:
-
Afectados pola reforma da N-541 en Viascón concéntranse en protesta este domingo
Por Redacción |
-
Fomento cita a Cubela para falar da reforma da N-541 en Viascón
Por Oskar Viéitez |
-
A veciñanza de Viascón pide á subdelegada do Goberno información sobre as obras da N-541
Por Redacción |
-
Lea na corporación de Cerdedo-Cotobade pola obra da estrada nacional en Viascón
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada