Ingresa en prisión por roubar unha bicicleta a punta de navalla a dous mozos á saída do colexio
Por Redacción
A Policía Nacional detivo nos últimos días un mozo natural de Vilagarcía con múltiples antecedentes por presuntamente asaltar de forma violenta a dous mozos á saída do colexio e ameazarlles cunha navalla para levar unha bicicleta.
Segundo informou a Policía Nacional, os feitos tiveron lugar o 20 de setembro ás 14.30 horas. Un individuo dirixiuse a dous mozos que saían do colexio, un deles menor de idade, e pediulles unhas moedas. Non llas deron, de modo que esgrimiu a navalla e, tras ameazalos, arrebatoulles a bicicleta que levaba un deles.
Os mozos presentaron unha denuncia e, tras solicitar datos sobre o sucedido, a Policía Nacional puxo en marcha un dispositivo de procura para tratar de identificar o presunto autor do roubo con intimidación.
O suposto autor foi finalmente localizado o 10 de outubro nas inmediacións do barrio de Monte Porreiro e detido por un delito de roubo con intimidación.
O detido, de 24 anos, protagonizara varios feitos delituosos este último mes, sendo detido en tres ocasiones entre elas pola subtracción dunha caixa de caudais dun bar na que había 450 euros, o roubo noutro local onde foi sorprendido polo propietario e o roubo dunha motocicleta.
Unha vez detido, foi trasladado a dependencias policiais e posto a disposición da autoridade xudicial. O xulgado de garda decretou o seu inmediato ingreso en prisión.