Marín exime de licenza para limpar panteóns e tumbas

Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, publicou un bando sobre a limpeza e ornato nos cemiterios municipais, para a celebración do Día de Defuntos.
Os propietarios de edificacións mortuorias e terreos nos cemiterios municipais poden realizar as tarefas de limpeza e amaño ata o 1 de novembro, sen necesidade de obter licenza municipal nin de pagar as taxas correspondentes.
A visita ao recinto poderá realizarse, respectando as normas establecidas ao efecto, durante o horario de apertura habitual, que os días 31 e 1 verase ampliado de 8.00 a 20.00 horas.
O bando tamén recorda que dentro dos cemiterios municipais os usuarios e visitantes "deberán manter en todo momento o respecto axeitado aos demais usuarios e visitantes así como ás características do recinto".