A Deputación ampliará a denuncia contra Gonzalo Durán
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, referiuse á rolda de prensa do alcalde de Vilanova de Arousa aludindo á "teoría do calamar" segundo a cal "intenta botar tinta para ver si eres capaz de tapar as vergonzosas actuacións das que eres protagonista".
"Logo do hoxe acontecido imos ampliar a denuncia", anunciou Carmela Silva. "O que hoxe aconteceu retrata perfectamente a quen fai estas cousas", agregou.
A presidenta da Deputación asegurou sentirse "profundamente avergonzada" de que a administración autonómica e que os deputados provinciais do Partido Popular "amparen o machismo".
"Eu non podo crer que o presidente da Xunta, o seu goberno e os deputados e deputadas provinciais do Partido Popular amparen o machismo, non o podo entender", dixo Silva.
"A loita pola igualdade non ten marcha atrás", sentenciou.
Carmela Silva concluíu que sobre este asunto non vai dicir "nin unha palabra máis".
Relacionadas:
-
Gonzalo Durán denunciará á Deputación pola vía penal e advirte que "alguno podría acabar en la cárcel"
Por Oskar Viéitez |
-
Dura sentenza contra o Concello de Vilanova pola súa denuncia contra o Plan de Reequilibrio
Por Oskar Viéitez |
-
Masiva concentración contra os comportamentos e ataques machistas
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Núñez Feijóo ve "desacertado" ter chamado "chacha para todo" a Carmela Silva
Por Alejandro Espiño |
-
O goberno da Deputación demanda a Gonzalo Durán por incitación ao odio e pide a súa dimisión como alcalde
Por Anxo Lourido |