Plantan lume de noite en cinco concellos do Salnés ao mesmo tempo
Por Redacción
Sobre as oito e media da tarde deste mércores, cando as tarefas de extinción complícanse pola imposibilidade de utilizar medios aéreos e nun escenario moi favorable para os seus intereses, os incendiarios volveron a atacar.
Afortunadamente, nesta ocasión, os efectivos de emerxencias e os propios veciños conseguiron controlar estes lumes nunha rápida acción. Tamén axudou que amainou o vento, ademais da aparación final da choiva que significou a súa completa extinción.
Os servizos de emerxencia non teñen dúbida da intencionalidade destes incendios forestais, que sinalan como provocados e que afectaron simultaneamente a cinco municipios do Salnés.
Así, quedou extinguido o incendio forestal declarado en San Miguel de Deiro, no municipio de Vilanova de Arousa. Era o máis perigoso dada a proximidade dalgunhas vivendas, como mostra o feito de que as lapas alcanzasen o muro do pazo de Gil.
Minutos antes deste lume os servizos de emerxencias foron alertados doutros en Vilanova (San Bartolomé, en Tremoedo), Cambados (Corbillón), Vilagarcía (Monte Lobeira e Bamio), Sanxenxo (As Lagoas) e en Ribadumia (Ponte Arnelas e Cabeza do Boi). E tamén no concello de Portas (Briallos).
Relacionadas:
-
VIDEO.- Incendio forestal na parroquia de San Xurxo de Sacos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada