Salomé Peña sinala que "o único" que fixo a Deputación no Salnés foi "castigar aos seus veciños"
Por Oskar Viéitez
A deputada provincial e voceira do PP de Ribadumia, Salomé Peña, dixo este mércores que no Salnés o goberno bipartito da Deputación de Pontevedra "o único que fixeron na comarca neste tempo foi castigar aos seus veciños, paralizando moitos proxectos que xa estaban en marcha ou aprobados, ou quitando o apoio que se ofrecía a colectivos, clubs e entidades".
O grupo provincial do Partido Popular critica que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, despois de tres anos de goberno "no Salnés non ten nin unha soa obra que inaugurar".
Para Salomé Peña, "o balance do goberno provincial no Salnés é pésimo".