A reforma de Cruz Vermella estará rematada no primeiro trimestre de 2019
Por Redacción
As obras de reforma integral da rúa Cruz Vermella avanzan a bo ritmo. O goberno municipal destaca que están a cumprirse os prazos polo que, se non hai problemas, os traballos estarán rematados no primeiro trimestre do ano 2019.
Os concelleiros Demetrio Gómez e Alberto Oubiña comprobaron este mércores que está practicamente rematada a nova praza peonil que se creou na saída do centro de ensino do CEIP Vidal Portela, a falta de pavimentar o carril central que, polo de agora, dá servizo á maquinaria pesada que está a desenvolver o proxecto.
Nos próximos días, segundo anunciaron, será preciso pechar ao tráfico a rúa Cruz Vermella xa que haberá que abrir gabias para canalizar os servizos. A pesar do peche, se permitirá o tránsito dos veciños da zona así como dos vehículos de servizos.
A empresa que executa a obra, COVSA, comezou tamén xa cos traballos previstos nas rúas Álvaro Cunqueiro e Irmáns Sobrino Buhigas, que terán un aspecto similar ao que terá todo o resto de Cruz Vermella.
A partir de aí, quedará por rematar as melloras das beirarrúas de Padre Gaite, a reforma da rúa Salustiano Portela Pazos e a reurbanización da Praza da Castaña.
Esta actuación ten un investimento global de case 1,2 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Marea critica a falta de información á veciñanza sobre a reforma da praza da Castaña
Por Redacción |
-
A nova Praza da Castaña comeza a tomar forma
Por Redacción |
-
A reforma da Praza da Castaña eliminará o parterre elevado
Por Alejandro Espiño |
-
Adxudican á empresa COVSA a reforma de Cruz Vermella por 1,1 millóns
Por Redacción |
-
As obras en Cruz Vermella incluirán a reforma da Praza da Castaña
Por Redacción |
-
A reforma de Cruz Vermella interesa a trece empresas
Por Alejandro Espiño |