Rosa Oubiña toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia
Por Redacción
Rosa Oubiña Solla tomou posesión este martes como deputada do PPdeG por Pontevedra no Parlamento de Galicia, en substitución de José Balseiros.
A cambadesa é viticultora e traballou como autónoma ata a súa toma de posesión no Parlamento. Realizou cursos de Capacitación Agraria e Cooperativismo. Do ano 1989 ao 1992 foi presidenta de Novas Xeracións en Cambados.
Presentouse na candidatura do PP ao Concello de Cambados e no ano 1991 tomou posesión como concelleira. Dende o ano 1998 ata xuño de 2007 foi tenente de alcalde e concelleira delegada de Cultura, Muller, Servizos Sociais e Xuventude. Durante eses anos como concelleira formou parte da Fundación Valle-Inclán e foi membro fundador da Fundación Plácido Castro.
No ano 2007 tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia formando parte das Comisións de Agricultura, de Pesca e de Sanidade.
Tamén foi deputada na VIII e na IX Lexislatura. Nesta última foi portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Popular e presidenta da Comisión de Pesca e Marisqueo.