Piden un sistema electrónico con alarma que evite os accidentes na ponte de Alba
Por Anxo Lourido
A asociación de O Chedeiro de Cerponzóns reclama unha solución por parte das administracións para evitar que se repitan os accidentes na ponte do tren na estrada PO-255.
O último incidente, na mañá deste martes 9, dun camión que quedaba atrapado nesta infraestrutura provocou que os dirixentes da asociación veciñal pidan a reparación das sinalizacións actuais, que se atopan deterioradas polo paso do tempo e despois de que se rexistraron varios accidentes neste tramo sen que se repuxeron os controis de gálibo.
Pero ademais piden un sistema máis moderno de alerta para os condutores. Apostan por un sensor electrónico que detecte un exceso de altura nos vehículos faga saltar unha alarma e luces de emerxencia para que os transportistas eviten continuar avanzando por esta variante.
Os veciños afirman que esta situación se repite con frecuencia e, cada vez que sucede, xéranse importantes retencións de tráfico na zona e incomodidades aos veciños desta contorna e condutores que circulan por esta vía que conecta a Nacional 550 coa estrada de Vilagarcía.
Relacionadas:
-
Volve impactar o remolque dun camión na ponte de Alba
Por Redacción |
-
A Xunta pretende licitar a construción da nova Variante de Alba a comezos de 2020
Por Diego Espiño |
-
Volveu pasar! Un camión choca contra a ponte do ferrocarril en Alba
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Un camión de grandes dimensións queda atrapado na contorna da ponte de Alba ao intentar evitala
Por Redacción |
-
Novo vehículo encaixado na ponte de Alba, esta vez un veleiro
Por Oskar Viéitez |