Caldas de Reis acada o tercer posto como a vila máis fermosa de Galicia, segundo o xurado de "Vilas en Flor"
Por Redacción
O xurado do certame "Vilas en Flor", unha nova iniciativa pola mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos impulsado pola Fundación Juana de Vega, deu a Chantada e Allariz a máxima puntuación, deixando no terceiro posto á localidad de Caldas de Reis como a vila máis fermosa de Galicia.
Nesta primeira edición do programa participaban tamén Betanzos e Ortigueira.
O galardón entregarase nunha gala especial que se celebrará a finais de outubro en Chantada, dada a súa posición máis central no ámbito xeográfico galego.
O obxectivo principal desta iniciativa é a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación y mesmo a xeración dun selo de calidade e reclamo turístico.
Anualmente outorgaranse as "Flores de Honra", como marca de calidade, aos municipios cos mellores espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá.