Alfonso Gallego, presentado como candidato do PP á alcaldía de Vilagarcía
Por Redacción
O Salón García foi escenario este sábado da presentación oficial do candidato do Partido Popular ás eleccións municipais de 2019 en Vilagarcía de Arousa, Alfonso Gallego.
No acto Gallego compareceu acompañado do presidente provincial do PP e vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor.
"Direivos que levamos meses, moitos meses, traballando para presentar un proxecto realista, ilusionante e moi moi potente para facer de Vilagarcía un referente", sinalou na súa intervención o candidato.
"A nosa idea é que dentro de 4 anos Vilagarcía salga ata no último folleto turístico do planeta, en todos os recunchos da internet, en redes sociais, en todos lados, porque queremos que veñan coñecernos e que se marchen encantados", declarou.
Pola súa banda Alfonso Rueda afirmou que "demos coa persoa adecuada" insistindo en que Gallego "representa moitas cousas da nova política".