VIDEO.- Incendio forestal na parroquia de San Xurxo de Sacos
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Ás cinco desta tarde deste venres declarouse un incendio forestal na parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade.
Os numerosos medios de extinción que traballaron na zona conseguiron sufocar o lume ás tres horas.
As chamas calcinaron unha superficie dunhas 18 hectáreas de monte arborado nunha zona sen casas habitadas, que segundo a Xunta corresponde á parroquia de San Xurxo.
A Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Medio Ambiente mobilizaron a un técnico, a catro axentes, seis brigadas, cinco motobombas, seis pas, tres avións e 7 helicópteros.
Este rechamante despregamento aéreo foi moi comentado polos veciños de Pontevedra ante as contínuas viaxes das aeronaves sobre o ceo da capital para recoller auga na Ría.