A Garda Civil incauta 150 quilos de ourizos de mar cando os trasladaban clandestinamente pola AP-9
Por Redacción
A Garda Civil ha intervido unha partida de 150 quilos de ourizos de mar cando os estaban trasladando de forma clandestina pola autoestrada AP-9. A incautación realizouse á altura de Caldas de Reis, pero o coche circulaba con destino a Pontevedra.
A patrulla fiscal e de fronteiras da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa interceptou a furgoneta cando saía da autoestrada AP-9 na parroquia de Carracedo este xoves 4 de outubro.
Ao inspeccionar a carga do vehículo puidose comprobar que transportaba seis sacos con ourizos de mar que circulaban ilegalmente, sen ningún tipo de documentación que puidese acreditar a súa procedencia e destino.
Co apoio e a colaboración dos servizos de Gardacostas da Xunta de Galicia, a Garda Civil procedeu á incautación dos seis sacos que contiñan 150 quilos de ourizos de mar e ao comiso provisional do vehículo.
O condutor da furgoneta, que é veciño da localidade coruñesa de Boiro, foi denunciado por vía administrativa por contravenir a normativa que regula a vixente Lei de Pesca de Galicia.