Unha muller queda semi inconsciente tras un atropelo nun paso de peóns en Marín
Por Redacción
Unha muller resultou ferida na madrugada deste venres como consecuencia dun atropelo nun paso de peóns situado fronte ás dependencias do Concello de Marín.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia (CAE) 112, as feridas foron "de consideración".
Un viandante atopou á muller tirada no chan e chamou ao 112 para pedir axuda. Foi ás 5.40 horas desta madrugada e ata o lugar desprazouse unha dotación do servizos de urxencias sanitarias debido a que a muller quedou semi inconsciente como consecuencia do golpe.
Ademais, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención da Policía Local, xa que no lugar non foi localizado ningún vehículo. Pouco despois, os axentes de seguridade local deron coa condutora do turismo e puideron confirmar que se tratou dun atropelo.