A Brilat, na conta atrás da súa preparación para a misión en Líbano
Por Redacción
A misión da Brilat Galicia VII en Líbano está ao virar a esquina e a brigada segue completando as tarefas previas ao despregamento no país asiático. Estes días encara a recta final do Exercicio de Integración-Avaliación de de preparación para a misión que está a realizar con todos os efectivos que se implicarán na mesma a partir de novembro.
Militares das Forzas Armadas españolas e dos exércitos de Brasil e Serbia prepáranse desde o 25 de setembro no Centro Nacional de Adestramento e Tiro de San Gregorio de Zaragoza baixo a coordinación da Brilat, pois foi designada unidade xeradora para constituír o continxente que despregará no sueste do Líbano formando parte da misión Libre Hidalgo XXX.
A Brigada con sede en Figueirido liderará un continxente multinacional con soldados da propia Brigada, doutros exércitos españois e de brasileiros e serbios que se designou como Brigada Multinacional BRILIB XXX.
En Zaragoza realizaron primeiro exercicios para mellorar o sistema de mando e control da BRILIB XXX integrando e cohesionando a todo o persoal e medios das unidades participantes e na recta final das manobras están a encarar un exercicio de avaliación co obxectivo de certificar que o continxente completou a preparación de carácter operativo necesaria para o desempeño dos seus labores en zona de operacións.
Finalizado o exercicio, e previo ao seu despregamento, todo o persoal implicado na misión concentrarase na base General Morillo de Figueirido para finalizar a parte teórica da súa preparación.
A misión de Líbano coincidirá no tempo con outra de efectivos da Brilat en Mali a partir do próximo mes de novembro, no que será un dos semestres máis esixentes para a Brigada.
Relacionadas:
-
A Brilat envía 600 militares a San Gregorio para manterse en forma como Brigada VJTF da OTAN
Por Redacción |
-
A Brilat empeza o seu despregamento en Líbano
Por Natalia Puga |
-
A Brilat despide os máis de 800 militares que iniciarán misións en Líbano e Mali a partir de novembro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Goberno destaca o papel "fundamental" que terá a Brilat no Líbano
Por Redacción |
-
A Brilat ultima en Zaragoza a preparación para a súa inminente misión en Líbano con militares de Brasil e Serbia
Por Redacción |
-
A Brilat conmemora o seu aniversario coa mirada posta nas súas próximas misións de Líbano e Mali
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra acolle unha exposición sobre a "Misión: Líbano"