Reclaman a eliminación da central eléctrica situada no Verdugo
Por Redacción
Representantes do colectivo A Rente do Chan-Pladever, con membros de Adega e co apoio dos alcaldes de Ponte Caldelas e de Soutomaior, presentaron unha solicitude este xoves no rexistro da Xunta de Galicia para que se tramite o expediente de caducidade da central eléctrica que se atopa no río Verdugo na zona de Ponte Inferno.
A idea é que se elimine esta instalación porque incumpre coa lexislación actual ao impedir que especies migratorias como o salmón ou o reo para remontar augas arriba do río. Sinalan que a central se creou no ano 1889 e que o expediente por parte da Xunta de Galicia para a súa eliminación debería iniciarse en 2015.
Por este motivo, A Rente do Chan reclama unha explicación da administración autonómica para coñecer se se tramitou unha prórroga xa que en marzo de 2017 debería comezar o procedemento de demolición desta instalación que inicialmente xestionaba Fenosa pero que agora cedeu a outras empresas.
Os representantes dos colectivos afirman que a central eléctrica carece de reixas que impidan que os peixes se coen na canle de derivación e morran nas turbinas co consecuente dano medio ambiental.
Relacionadas:
-
Augas de Galicia recomenda a demolición da presa "Ponte do Inferno" do río Verdugo
Por Oskar Viéitez |
-
Visita á centenaria presa de Ponte Inferno antes de que desapareza
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Denuncian un exceso de produción de enerxía na presa Ponte Inferno do Río Verdugo
Por Redacción |
-
Denuncian que a Xunta deixou caducar o trámite de extinción dun encoro de 1899 no río Verdugo
Por Oskar Viéitez |