O festival SonRías Baixas de Bueu deixou 1,14 millóns de euros no Morrazo
Por Redacción
O perfil máis habitual das persoas asistentes á 16 edición do SonRías Baixas de Bueu correspóndese co de muller nova, galega e estudante. Así o afirma o FEST Galicia no balance que presentaba a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) este mércores sobre o evento que se desenvolvía na vila pontevedresa cunha ocupación superior ao 85%.
A Universidade de Santiago de Compostela realizaba este estudo, a través dun sistema pioneiro, con 1.261 enquisas durante os días do festival, que se desenvolvía entre o 2 e o 4 de agosto coa presenza de 21.800 visitantes durante eses tres días.
Cada persoa realizou un gasto de ao redor de 43 euros, segundo apuntaba Jacobo Sutil, director do Agadic. Os cálculos de impacto económico na comarca do Morrazo ascenden a 1,14 millóns de euros, cun retorno de entre 3,14 e 3,61 euros por cada euro investido pola organización do festival.
Ademais, os asistentes ao festival cualificaron cun 7,8 sobre 10 as propostas deste evento, con notas moi elevadas en canto a localización e integración na contorna, puntualidade, sistema de compra de entradas e o trato do persoal.
Para próximas edicións, Jacobo Sutil adiantou que se estuda a redacción dun manual de boas prácticas para os eventos asociados. Ademais, a Xunta quere ofrecer un selo distintivo que recoñeza aos festivais musicais de Galicia que estean organizados baixo o criterio de alta calidade, sustentabilidade e responsabilidade.
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas 2019 arranca con Zea Mays e Zoo como primeiras confirmacións
Por Redacción |
-
Promoven o primeiro manual de calidade para os festivais de música de Galicia
Por Redacción |
-
O festival PortAmérica xerou un impacto de máis de 1,3 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
O Festival SonRías Baixas confirma a súa continuidade en 2019
Por Redacción |
-
Éxito rotundo do SonRías Baixas cun balance de 22.000 asistentes
Por Redacción |