Os adolescentes do Consello da Muller poñen en común o traballo feito no último ano
Por Oskar Viéitez
Esta fin de semana terá lugar unha xuntanza dos participantes no Consello da Muller Nova, que é un órgano de participación que pretende involucrar á mocidade pontevedresa no ámbito da igualdade.
Durante todo o ano pasado participaron un total de 107 alumnas e 27 alumnos, que son coordinados por sete profesoras e un profesor dos centros de ensino secundario da cidade de Pontevedra. Participan todos agás o IES Valle Inclán.
Deste xeito, o instituto Sánchez Cantón e o Frei Martín Sarmiento centraron o seu traballo no "O mito do amor romántico" e "A muller no mundo do traballo". Os centros As Calasancias, Luis Seoane, A Xunqueira I e o C.I.F.P. A Xunqueira, traballaron coas temáticas "Sexismo nos medios de comunicación", "A violencia de xénero explícita nos estilos musicais", "Os estereotipos de xénero na música actual" e "Novos xeitos de ser home ou muller", respectivamente.
O obxectivo foi xerar debate e crear opinión entre os adolescentes cunha perspectiva de xénero e concienciar e sensibilizar sobre a importancia da loita pola destrucción das desigualdades entre homes e mulleres.
Todo este traballo será posto en común na xuntanza da fin de semana na que ademáis haberá tempo para escoitar unha charla de Teresa González, responsable do Comité Lila que xa leva moito tempo desenvolvendo este traballo en Ribadeo; de Luisa Márquez, coordinadora das Escolas Unesco. Pechará o acto María Xosé Silvar, más conocida como Sés, cantante e reivindicativa compositora gallega.