VÍDEO.- A Garda Civil detén 23 persoas nunha operación antidroga no poboado do Vao
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Garda Civil detivo este mércores vintetrés persoas, entre eles os responsables dos catro clans que operan no poboado, nunha operación antidroga desenvolvida no Vao, en Poio.
No operativo, centrado na zona do Vao de Abaixo, participaron un centenar de efectivos da Garda Civil. En concreto, participaron nesta macro redada o Grupo de Reserva e Seguridade (GRS), a Unidade Especial de Seguridade Cidadá (USECIC) da comandancia, o subsector de Tráfico, a unidade orgánica de Policía Xudicial, co apoio de dous cans do servizo cinolóxico (un especializado en detección de drogas e outro de defensa persoal) e un helicóptero do servizo aéreo.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, no marco deste operativo rexistráronse a práctica totalidade das vivendas do poboado de infravivendas.
O dispositivo concluíu a media tarde co balance provisional do rexistro de catorce vivendas e galpóns, a detención 23 persoas e a incautación de máis de 2.000 dose de cocaína, preto de 500 de heroína, 20.000 euros en efectivo e trece vehículos.
Esta macro redada enmárcase nunha operación contra a venda de estupefacientes no poboado do Vao que se iniciou hai algo máis dun ano.
Durante o transcurso das investigacións a Garda Civil puido constatar un importante número de transaccións de drogas a consumidores habituais que acudían ao poboado do Vao.
De feito, durante os rexistros, nun dos galpóns habilitados para o efecto, foron sorprendidos infraganti sete persoas que estaban a consumir a droga que compraran.
Con esta operación considéranse desarticulados os catro clans que operaban no poboado e puxéronse fóra de circulación algo máis de 2.500 doses de estupefacientes. Os detidos pasarán nos próximos días a disposición do xulgado de instrución número 3 de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Cinco detidos nunha nova redada contra o trapicheo de drogas no Vao
Por Natalia Puga |
-
A última macro redada no Vao, un éxito que levou a prisión aos líderes de catro clans
Por Natalia Puga |
-
Dez dos 26 detidos na macro redada contra catro clans de droga do Vao xa están en prisión
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Dous dos 26 detidos na 'Operación Clavao' no poboado chabolista do Vao xa están en prisión
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada